Carta de presentación

Por un observatorio para o cambio

Ao sector audiovisual galego

A recente publicación das convocatorias da AGADIC foi o detonante dunha serie de conversas entre distintos axentes do sector. As axudas para o audiovisual galego para o ano 2014 posúen unha serie de puntos considerados regresivos polos asinantes desta carta: restrición nos solicitantes; prazos moi comprimidos; a irrupción das persoas xurídicas nas axudas de Talento; erros na definición de conceptos; desconsideración á pluralidade das formas fílmicas e ao principio de igualdade de oportunidades, …

O esencial é que esta convocatoria non resulta a primeira da AGADIC que fai saltar as alarmas, mais si aquela a partir da cal facemos balance. O actual contexto de crise non é escusa para o constante desmantelamento dos avances, resultando farto significativos os recortes en orzamentos, convocatorias, modalidades, contías, dereitos, …Unha traxectoria negativa que urxe cambiar tentando promover o estudo, o debate e a defensa das boas prácticas.

Cremos que, de ter existido un maior diálogo entre a AGADIC e as asociacións profesionais, escoitando as súas necesidades e incorporándoas nas convocatorias, moitos deste erros poderían ter sido evitados. Pero o problema non remata nestas convocatorias; son só parte das penurias do sector. Existen outros eidos que manifestan obvias carencias e precisan de impulso: a necesidade de redactar unha nova Lei do Audiovisual de Galicia (como Cataluña e España); emendar a excesivamente restritiva Lei de Subvencións de Galicia (limando disparidades coas leis europeas e españolas); a falta de compromiso e a opacidade da TVG ou a falta de sinerxia co mundo do ensino.

Cómpre, polo tanto, a reconfiguración total da política audiovisual galega. Co afán de estudar a fondo o tema, de extraer conclusións e propoñer vías de acción para a mellora das nosas condicións de traballo e creación artística, inauguramos o Observatorio do Audiovisual de Galicia. Enténdese este como un foro de debate, con reunións periódicas e organizado en grupos de traballo, que nos permita desenvolver o noso principal obxectivo: contribuír a deseñar unha (nova) folla de ruta para o audiovisual.

A través desta carta, convidamos a todos aqueles membros do sector, que compartan o noso ánimo rexenerativo e desexen mudar o estado das cousas, a unirse a nós (de momento, os abaixo asinantes, que constituímos o pasado mes de agosto a primeira asemblea deste grupo). Quen o desexe, pode solicitalo no enderezo electrónico agobservatorio@gmail.com

Construamos, entre todos, un sector audiovisual mellor, máis rigoroso e xusto.

Lista de apoios inicial

1 Adán Aliaga Director e Guionista
2 Alberte Pagán Cineasta
3 Alberto Díaz Bertitxi Director de Fotografía
4 Alberto Gracia Cineasta
5 Alberto Lobelle Cineasta
6 Alfonso Pato Director do Festival de Cans
7 Alicia Díaz Dirección e Produción Audiovisual
8 Alvaro Gago Díaz Cineasta (Director y editor)
9 Ana Quintás Axudante de Dirección
10 Analía G. Alonso Produtora
11 Andrés Duque Cineasta
12 Ángel Sánchez Director do Festival Play-Doc
13 Ángel Santos Cineasta
14 Antón Corbal Produtor e Realizador
15 Antonio Caeiro Traballador da Imaxe
16 Araceli Gonda Guionista
17 Beli Martínez Produtora
18 Camila Bossa Actriz
19 Carla Fernández Andrade Artista visual
20 Carlos Álvarez-Ossorio Director
21 Carlos Ares Guionista
22 Carlos Davila Director e Axudante de Dirección
23 Carlos Fernández García Fotografía e Supervisor de Estereoscopía
24 Carlos López Ríos Realizador
25 Celia Parra Produtora e Poeta
26 Comba Campoy Produtora e Investigadora
27 Covadonga de la Cuesta G. Lahera Periodista e Crítica de Cine
28 Dani Froiz Produtor
29 Daniel D. García Guionista
30 David Rodríguez Realizador
31 David Valero Director e Guionista
32 David Varela Cineasta, Crítico e Programador
33 Davide-Seném Outeiro Director e Guionista
34 Diana Toucedo Directora e Montadora
35 Diego Rodríguez Blázquez Director Ejecutivo Espacio Márgenes, Produtor Cultural / Programador
36 Diego Romero Suarez-Llanos Director de Fotografía
37 Elena Olivares Sanz Produtora
38 Eloy Domínguez Serén Cineasta
39 Eloy Enciso Cineasta
40 Erika Alonso Correa Produción
41 Estefanía Bello Martínez Maquilladora
42 Fausto Castiñeiras Isorna Deseñador
43 Federico Pérez Actor
44 Felipe Lage Coro Produtor
45 Fernanda Del Nido Produtora
46 Fernando Alfonsín Editor e Posprodutor
47 Fernando Cortizo Cineasta
48 Fernando Redondo Neira Profesor e Investigador
49 Fernando Vílchez Rodríguez Cineasta e Programador
50 Fran X. Rodríguez Editor
51 Gemma Sesar Ignacio Editora
52 Guillermo Arias-Carbajal Alonso Cineasta
53 Horacio González Video-Artista
54 Hugo Amoedo Cineasta
55 Iago González Iglesias Director e Guionista
56 Iago Martínez Xornalista e Documentalista
57 Isabel Ayguavives Cineasta
58 Iván Castiñeiras Director de Fotografía
59 Iván Declós Editor de video e Motion Graphics
60 Iván Patiño Produtor
61 Iván Villarmea Crítico de Cine
62 Jabier Colmenares Realizador e Editor
63 Javier Martín Coreógrafo
64 Javier Rebollo Cineasta
65 Jorge Rivero González Programador e Cineasta
66 José Antonio Cascudo Director e Guionista
67 José Manuel López Crítico de Cine
68 José Manuel Sande Programador e Crítico de Cine
69 Josetxo Cerdán Investigador e Profesor Universitario
70 Josito Porto Actor
71 Juan Lesta Cineasta
72 Juanjo Jiménez Produtor e Director
73 Julián Maguna Lago Estudiante Comunicación Audiovisual
74 Lois Patiño Cineasta
75 Lucía Aldao Poeta
76 Luis Avilés Cineasta
77 Luisa Romeo Produtora
78 Manolo González Profesor
79 Manu Mayo Montador
80 Manuel Seixas Músico, Escritor e Docente
81 Marcos Nine Cineasta
82 María Inmaculada Ricoy Guijarro Editora de video
83 María López Ruido Realizadora e Investigadora
84 María Yañez Contidos dixitais e Promoción Audiovisual
85 Mario Iglesias González Director
86 Marta Cortacáns i Montferrer Deseñadora Gráfica
87 Marta Díaz Rodríguez Coordinadora do Festival Curtocircuito e Tradutora
88 Martín Cañedo López Produtor
89 Miguel Blanco Crítico de Cine
90 Miguel Castelo Cineasta
91 Miguel Conde Realizador
92 Miguel Mariño Director e Guionista
93 Miquel Martí Freixas Programador, Crítico e Docente de Cine
94 Monserrat Dopico Xornalista
95 Nani Matos Actor, Director e Guionista
96 Nico Campos Guionista
97 Olga Osorio Produtora e Realizadora
98 Oliver Laxe Cineasta
99 Otto Roca Cineasta
100 Pablo Cayuela Cineasta
101 Patricia Ferreira Directora e Guionista
102 Pela Del Alamo Cineasta e Director do Festival Curtocircuito
103 Puri Seixido Guionista
104 Ramiro Ledo Cineasta
105 Raúl García Guionista e Realizador
106 Samuel Lema Cineasta
107 Sara García Villanueva Directora do Festival Play-Doc
108 Sergio Frade Produtor
109 Severo Fernández Guionista
110 Sika Lamas Editora
111 Sonia Méndez Cineasta e Actriz
112 Victor Hugo Seoane Rodriguez Cineasta
113 Víctor Paz Crítico de Cine
114 Xacio Baño Cineasta
115 Xan Gómez Viñas Investigador e Director
116 Xavi Font Músico
117 Xes Chapela Cineasta
118 Ximena Losada Produtora
119 Xisela Franco Realizadora
120 Xoan Escudero Cineasta
121 Xoán-Xil López Músico e Investigador
122 Xosé Abad Realizador
123 Xosé Anxo Cruz Mahía Operador de Cámara e Técnico Audiovisual
124 Xurxo Chirro Cineasta, Historiador e Crítico de Cine

Novos apoios (lista actualizada o 16 de febreiro de 2016)

1 Machi Salgado Actor
2 Sara Gómez Iglesias Guionista
3 Antón Sobral Artista
4 Celso Fernández Sanmartín Autónomo da rama escénica
5 Pablo Portero Guionista, Director, e Director de fotografía
6 Sandra Lesta Actriz e Profesora de Teatro
7 Nati Juncal Portas Axudante de Produción
8 Teté García Actriz
9 Andrea Vázquez García Produtora e Realizadora
10 Sandra García Rey Fotógrafa, Editora e Diretora
11 Abel Diz Produtor
12 Juanma LoDo Artista Multimedia
13 Juan Morgade Director de Fotografía e Operador
14 Vicente Vázquez Peleteiro Artista de Plástico
15 Carlos Oro Profesor
16 Marcos Pérez Pena Xornalista
17 Adolfo Ponte Velasco Guionista e Productor dixital
18 Natxo Taibo Produtor
19 Enrique Lojo Guionista e Actor
20 Benxamín Otero Otero Músico e Compositor
21 Noelia Toledano Directora e Guionista
22 Manuel Precedo Barbeito Pte. da Federación de cineclubes de Galicia
23 Grial Parga López Crítico de cine
24 Diego Dojer Cineasta
25 Ania González Crítica cultural
26 Pablo Ces Realizador
27 Andrea Lorenzo Produtora
28 Alfonso Zarauza Cineasta
29 Sara Gómez Iglesias Guionista
30 Jose Ignacio Canosa Vaquero Realizador
31 Ana Pampín Rúa International Film Publicist
32 Ana Domínguez Creadora Visual e Directora Coordinadora Festival S(8)
33 David Fidalgo Omil Director e Animador
34 Emmanuel Granados Axudante/Auxiliar de Dirección
35 Adriana Páramo Cineasta
36 Mariana Romero González Realizadora
37 Jaione Camborda Cineasta
38 Rubén García-Loureda Díaz
39 Anxela Caramés Sales Historiadora do Arte e Comisaria de exposicións
40 Vicente Montoto Actor
41 Sabela Pernas Soto
42 Pixi Arnoso Operador, Director de Fotografía e Programador en Curtocircuito
43 Juan Carlos Corredoira Director e Produtor Teatral
44 Toni Salgado Actor
45 Sabela Iglesias Creativa audiovisual
46 Comba Campoy Xornalista
47 Adriana P. Villanueva Produtora creativa
48 Paulo Bouzas Produtor
49 Pablo Kaufmann Técnico en imaxe e director de fotografía
50 Anxo Rodríguez Realizador e visual efects
51 Pio Cribeiro Técnico en imaxe e operador de cámara
52 Andrés Sanjurjo Cineasta
53 Damián Varela Pastrana Cineasta
Advertisements